A plataforma Voadora estrea no Salón Teatro Super8, espectáculo realizado en coprodución co Centro Dramático Galego. Marta Pazos é a directora e unha das intérpretes -xunto a José Díaz, Hugo Torres, Uxia P. Vaello e Sergio Zearreta- desta segunda parte da triloxía Lugares comúns, que Voadora inaugurou en 2008 con PeriFeria. Se esa primeira proposta situábase no presente, centrándose no tema do fracaso, Super8 trasládase ao pasado para falar da memoria a través duns personaxes que se debaten entre a obsesión por recordar e a importancia de esquecer.