
Mercar Entradas Noites de Retranca
Estamos, sen lugar a dúbidas, diante do mellor espectáculo de humor creado ata a data, contando para a súa posta en escena, con parte dos mellores actores galegos da actualidade coma Sergio Pazos, Luis Zahera, Victor Mosqueira, Manquiña, Javier Veiga ou Evaristo Calvo entre outros.
Avalada polo enorme éxito tanto de críticas coma de público asistente, NOITES DE RETRANCA estréase o 9 de xaneiro no Auditorio Municipal de Ourense ante 1.000 persoas (cheo absoluto), conseguindo encher de xeito sucesivo o teatro Rosalía de Castro (A Coruña-10 de xaneiro), o Centro Cultural Caixanova (Vigo-16 de xaneiro) e o Centro Cultural Caixanova (Pontevedra- 17 de xaneiro).
Unha das diferenzas de NOITES DE RETRANCA con respecto a outros shows de humor, é que son actores e non monologuistas os que o representan, conseguindo así, unha maior interactuación tanto entre eles coma co espectador achegando un maior divertimento para o público asistente.
O show represéntase en galego. Outra das diferenzas é que, pese a que NOITES DE RETRANCA é un show baseado no formato do monólogo no que tres actores de renomeado nivel nacional, intercambian co público as súas experiencias e as súas impresións sobre os temas que acompañan as nosas vidas cotiás, fano dun xeito diferente, "sen copa e tallo" tan presente nos monólogos impregnándoos continuamente dese humor tan caracteristicamente noso: a retranca.

NOITES DE RETRANCA significa máis de 90 minutos de humor, do noso humor, avalados, unha vez máis, polas máis de 4.800 persoas que en seis datas, foron gozala.