Marful, manual de seducción
Teatro Colón Caixa Galicia 16 Septiembre 2010
Mercar entradas
“MARFUL é o mellor que lle puido pasar á música galega nestes últimos 10 anos”
Este MANUAL DE SEDUCIÓN é unha proposta luminosa, exuberante e viaxeira.
Brasil, Cuba, Italia... son lugares aos que Marful viaxa creativamente, dende as tabernas dos portos ata os xardíns románticos, dende os cinemas vellos ata as grandes extensións de vides. Incluída a intensa viaxe polos recunchos do sistema nervioso, do afectivo e das miserias e misterios do universo todo. Catro viaxeiros que saben cando é a partida mais non a chegada. Nin emigrantes, nin turistas: viaxeiros.
Compoñen o grupo Ugia Pedreira (cantante), Pedro Pascual (acordeón diatónico), Marcos Teira (guitarra) e Pablo Pascual (clarinete baixo) souberon situarse no panorama nacional e internacional, ofrecéndonos unha música elegante cunhas letras persoais e irónicas e unha posta en escena irreverente e emotiva. E aí seguen, máis valentes ca nunca.
Co seu primeiro disco (Producciones Efímeras, 2006), Marful revolucionou a música galega, devolvéndolle as melodías e ritmos que nos anos 20-30 invadiran os salóns de baile de Galicia. Co seu novo disco, Marful pecha os salóns de baile e abre os cinemas.
Catro exploradores que saben buscar o punto entre o imaxinario e o real.

Mercar entradas